A Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón pon en marcha o Plan de Emerxencias do Polígono.

O proxecto será posible grazas ó convenio asinado co Concello de Arteixo

05/07/2016

A Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón e o Concello de Arteixo asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha do Plan de Emerxencias do Polígono. O prazo de execución e de cinco meses e foi contratado á empresa Prosegur.

O Plan de Emerxencias englobará os plans de emerxencia e autoprotección de todas as empresas asociadas e elaboraranse fichas da datos básicos que faciliten a rápida actuación dos equipos de emerxencias en caso de ser necesario.

Toda a información será volcada nunha plataforma á que únicamente terán acceso, cadanseu coa sua contrasinal, a Asociación de Empresarios, Bombeiros e Policía Local.