
A Asociación de Empresarios colabora coa Fundación Paideia
Fomentará entre as empresas asociadas o emprego de persoas con discapacidade
10/05/2017
A preocupación por colectivos vulnerables en xeral e en particular polo mundo da discapacidade, ten sido e é unha constante dende a orixe da Fundación Paideia. Moitas persoas con discapacidade poderían estar nunha contorna máis potenciadora das súas capacidades no marco laboral.
Paideia deseña un proceso individualizado de capacitación in situ en diferentes empresas para adquirir as habilidades básicas e as actitudes que permitan acceder a un posto de traballo coas máximas garantías.
De igual xeito, a contratación dos servizos do Centro Especial de Emprego TRËBORE, supón una medida alternativa á contratación de persoas con discapacidade á que están obrigadas as empresas de 50 ou máis traballadores (Real Decreto 365/2005) permitíndolles polo tanto desenvolver prácticas socialmente responsables e favorecer a sustentabilidade do emprego de colectivos vulnerables.
*TRÉBORE Xardinería e Viveirismo. Desenvolve a súa actividade no ámbito da xardinería tanto pública como privada, así como na producción e cultivo de plantas ornamentales. Destaca por ofrecer un servizo adaptado ás necesidades do cliente, ofrecéndolle servizos de mantemento, mellora e conservación de xardíns; execución de obras de xardinería; e a realización de postas a punto en determinados momentos do ano (poda, abonado, desbroce…). No que se refire ao cultivo de plantas en viveiro, estamos especializados na multiplicación e cultivo de plantas ornamentais en maceta, para comercializar no mercado maiorista.
*TRÉBORE Regalo de Empresa e Deseño Gráfico prestan un servizo integral, encargándose de todos os detalles á hora de potenciar a súa imaxe, deseñando e creando desde a marca da súa empresa a todas as aplicación necesarias para promocionar un producto, encárgase de todo o traballo de impresión e loxística hasta a chegada as súas instalación: cartelería, folletos, memorias, merchandising, regalo de empresa e corporativo,…
Máis información en www.paideia.es