A Asociación de Empresarios celebra o seu 25 Aniversario cunha homenaxe ós fundadores da entidade

Os empresarios que asinaron a acta de constitución da Asociación de Empresarios en 1990 foron os grandes protagonistas do acto

18/12/2015

A Asociación de Empresarios organizou un acto conmemorativo do 25 Aniversario da sua fundación cunha homenaxe ós empresarios que a fundaron no 1990 e que continuaron cas suas empresas no polígono e na asociación que fundaron hasta a actualidade.
Os empresarios homenaxeados foron:
Antonio Abril Abadín (Grupo Inditex)
César Bonilla Vázquez (Epagal – Bonilla a la Vista)
Francisco Javier Bullón Camarasa (Ferroatlántica)
Francisco García García (Prefhorvisa)
Víctor Marzo Nogueras (Oxinor)
Segundo Núñez Hermida (Teseín)
José Francisco Rabuñal Mañana (Prefasa)
Manuel Rivas Caridad (Cortiplas)
Jacinto Sánchez Peñasco (Gisva)
Nun intre central do acto cargado de emoción, os homenaxeados dirixiron unhas sentidas palabras ós asistentes, nas que lembraron os inicios dp polígono, das suas empresas e da asociación; os cambios e melloras conseguidas para o polígono e o moito que aínda queda por facer.