XORNADA TÉCNICA “UN ENTORNO SEGURO”

Terá lugar o 30 de outubro en Arteixo Innovación

23/10/2018

No marco da Quincena da Seguridade, a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón, coa colaboración do Concello de Arteixo, organiza una xornada técnica o día 30 de outubro na que, baixo o título “Un entorno seguro” agrúpanse tres mesas nas que se abordarán temas de grande interese para as empresas:

  • A xestión de emerxencias no Polígono de Sabón, na que se darán unhas breves pinceladas do plan de xestión de emerxencias do polígono e se fará especial fincapé na difusión do Plan de Emerxencia Exterior de Arteixo Química, recentemente aprobado.
  • Seguridade integrada. Retos e vataxes, na que se falará das diferentes perspectivas da seguridade.
  • O Polígono de Sabón e o Porto Exterior. Amenazas e oportunidades en materia de seguridade. Interesante debate sobre a interacción polígono – porto que contará coa presenza de representantes d Porto de Tarragona e do Porto da Coruña

A xornada dará comenzo ás 9:00 h. e rematará ás 14:00 h., dando paso a un almorzo networking.

A asistencia é de balde, previa inscripción en asociacion@poligonosabon.org